• A miña conta
  • 0Carrito de Compra
Editorial Hugin e Munin
  • Inicio
  • Catálogo
  • A editorial
  • Subscrición
  • Blog
  • Contacto
  • Menú Menú

Resolto o III Premio Realia de Tradución

24 Setembro, 2021/en Blog

O xurado –formado por Estela Villar, Bieito Legaspi e Isabel Soto– resolveu que a obra gañadora da III edición do Premio Realia de Tradución Literaria fose As consecuencias da vella historia, escrita por Georgios Viziinos e traducida do grego moderno ao galego por Alfonso Blanco Quintela.

Como se recolle na Acta, “a tradución asinada por Blanco Quintela é digna vencedora por varios motivos, como a procura dun léxico rico, cun uso adecuado da sinonimia […] Recoñéceselle ao tradutor non só que saiba traer de maneira eficaz un texto en tradución directa do grego ao galego, senón tamén a súa contribución ao encher un pequeno baleiro no corpus galego de tradución […] En definitiva, unha tradución competente, que cos procesos de revisión aínda por chegar pode converterse nunha estupenda proposta literaria para os lectores e lectoras en galego”.

De maneira moi breve, cabe apuntar que, na literatura grega de finais do século XIX, Viziinos destaca por ser un dos introdutores do costumismo, un movemento no que brillan especialmente os seus contos e novelas curtas, caso este último da obra premiada, que foi escrita durante a estadía do autor en París e publicada orixinalmente nas páxinas da revista Estia uns ano despois, en 1884, unha vez radicado definitivamente en Grecia.

Moitos parabéns, polo tanto, a Alfonso Blanco, quen coa futura publicación da novela de Viziinos terá xa cinco obras traducidas dende grego moderno ao galego. Estas son as outras:

  • Pequena Inglaterra, de Ioanna Karistiani
  • A honra e os cartos, de Konstantinos Theotokis
  • O esmoleiro, de Andres Karkavitsas
  • O obradoiro de vidro, de Menis Koumantareas
Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Share on WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo
https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2021/09/3realia-e1632520087900.png 535 1000 Editorial Hugin e Munin https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/03/23logo-hem2-1.png Editorial Hugin e Munin2021-09-24 23:51:082021-09-25 14:43:34Resolto o III Premio Realia de Tradución
Tamén che pode interesar
Novidades de abril de 2021
5 novidades: Mauriac, Viziinos, Beyer, Ames Mitchell e Dulaure
Convócase o III Premio Realia de Tradución Literaria

Últimas entradas

  • Análise da Orde de axudas públicas á tradución de 202210 Maio, 2022 - 4:06 p.m.
  • A educación sentimental: valoracións críticas27 Abril, 2022 - 4:49 p.m.
  • A educación sentimental: quen é quen21 Abril, 2022 - 1:29 p.m.
  • A educación sentimental: xénese da obra e marco temporal13 Abril, 2022 - 6:56 p.m.
  • 30 novelas da literatura francesa8 Abril, 2022 - 7:18 p.m.

Síguenos no Facebook

Novidades editoriais

  • A educación sentimental €21,00
  • A casa do pai €16,50
  • Thérèse Desqueyroux €15,00
  • As consecuencias da vella historia €14,00

© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia

Reimpresión de A nosa NegraVellos que tampouco non deben de namorarse?
Desplazarse hacia arriba