Das eclipses literarias
Como mero entretemento, é ben curioso rastrexar o termo eclipse nos libros que hoxe por hoxe conforman o catálogo de Hugin e Munin (preto xa dos 150 títulos, sumando os de ambas as coleccións). Resulta que os autores e autoras que introducen o fenómeno das eclipses nas súas obras son máis dos que talvez algúns agardariamos. Nunha procura xeral, comprobamos que nunha decena de obras aparece unha mención expresa -cando non varias- ás eclipses. Así acontece con obras como O soño de Johannes Kepler; Cita con Rama, de Arthur C. Clarke; Locus Solus, de Raymond Roussell, ou A Eva futura, de Auguste Villiers de L’Isle-Adam, mais velaí que, levando as eclipses ao seu terreo, tamén lles tiran proveito obras se cadra menos evidentes, como Venecias, de Paul Morand, ou A industria do sexo e do peixe empanado, de Emmanuel Pierrat, un libro este último que hoxe se atopa esgotado e descatalogado, polo que quen teña un exemplar na casa debe saber que posúe unha peza cuxa valor é probable que medre co correr do tempo.
Eis dous exemplos tomados de novelas nórdicas:



