Termos e condicións


O presente documento regula as condicións de uso do sitio web propiedade da Editorial Hugin e Munin -da cal é máximo responsable Alejandro Tobar Salazar, NIF 33542463E-, con domicilio social no terceiro andar do número 9 da rúa do castro, código postal 15704, en Santiago de Compostela, Galicia.

Condicións de uso do sitio web

1. Hugin e Munin adoptou os niveis de seguridade adecuados para almacenar os datos que se facilitan e, ademais, instaláronse todos os medios e medidas técnicas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que nos facilitan. A empresa comprométese a non compartir, vender nin alugar datos persoais a terceiros sen ter previo permiso do cliente. A información remitida só será compartida cos provedores de servizos contratados co obxecto de proporcionar os nosos produtos. De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), cuxo obxecto é garantir e protexer, no que se refire ao tratamento dos datos persoais, as liberdades e dereitos fundamentais das persoas físicas, e especialmente da súa honra e intimidade persoal, autorízase a Hugin e Munin a incorporar nos seus ficheiros os datos do cliente de carácter persoal que figuren no contrato, ou aqueles que nos sexan proporcionados ao encher calquera dos formularios que aparecen no sitio web.

2. Hugin e Munin comprométese a non remitir comunicacións comerciais sen identificalas como tales, conforme ao disposto na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de comercio electrónico. A estes efectos non será considerado como comunicación comercial toda a información que se envíe aos clientes sempre que teña por finalidade o mantemento da relación contractual existente entre as partes, así como o desempeño das tarefas de información ou outras actividades propias do servizo que o cliente ten contratado coa empresa. O usuario garante e responde, en calquera caso, da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados, e comprométese a mantelos debidamente actualizados. Hugin e Munin non se responsabiliza dos virus que teñan a súa orixe nunha transmisión telemática infiltrados por terceiras partes (por exemplo, as macros de procesadores de texto, os applets de Xava e os programas ActiveX), xerados coa finalidade de obter resultados negativos para un sistema informático. En definitiva, o cliente é o único responsable do uso que realice dos servizos, contidos, ligazóns e hipertexto incluídos no sitio web da empresa. É obriga do cliente comunicar á empresa os eventuais cambios que se produzan nos seus datos persoais.

3. O sitio web de Hugin e Munin contén diverso material, como as imaxes das cubertas dos libros, o logotipo da compañía ou os textos de presentación editorial, liberado cunha licenza Creative Commons que implica o recoñecemento de Autoría, o uso exclusivo para fins non comerciais e a imposibilidade de realizar obras derivadas. Aqueles contidos cunha licenza distinta a esta, como os textos interiores das obras ou as imaxes cedidas por terceiros, estarán polo tantos suxeitos á lexislación española e ás normas internacionais de propiedade intelectual.

4. O usuario ou cliente comprométese a utilizar os contidos, servizos ou produtos de Hugin e Munin de conformidade coa lei, as presentes condicións xerais e as condicións particulares de cada un dos servizos ou produtos. O usuario ou cliente obrígase a utilizar os produtos de Hugin e Munin con fins lícitos.

5. A empresa resérvase o dereito de non prestar servizo de envío ou cancelar os pedidos no caso de houber algún problema entre as partes.

6. O cliente está de acordo con recibir todo tipo de comunicación legal e avisos de forma electrónica, ben sexa a través do noso sitio web, ou nun correo electrónico ao enderezo facilitado. O usuario ou cliente ten dereito a retirar o seu consentimento para recibir comunicacións por parte de Hugin e Munin de forma electrónica.

7. Hugin e Munin non se fai responsable de ningunha avaría técnica, nin de ningún outro problema da rede ou o servizo telefónico, dos sistemas informáticos, servidores ou provedores, equipos informáticos, software, fallos do correo electrónico ou os servidores ocasionados por problemas técnicos ou conxestión de tráfico na internet, incluíndo lesións ou danos sobre o computador, calquera outro elemento de hardware ou software do usuario ou doutra persoa, derivados da utilización ou da descarga de materiais en relación con este sitio web e/ou co servizo prestado. En ningún caso Hugin e Munin se responsabiliza por calquera tipo de danos ou consecuencias derivadas ou relacionadas co uso inapropiado ou non autorizado que o usuario faga deste sitio web ou do seu contido.

8. O sitio web titularidade de Hugin e Munin utiliza cookies (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao computador de quen accede á páxina) para o correcto funcionamento e visualización da páxina web por parte do cliente.

9. As presentes condicións xerais de venda e uso do sitio web sométense á lexislación española, que será aplicable en relación á súa validez, interpretación, execución, cumprimento e resolución. Ambas as partes acordan someter todas as cuestións legais que poidan xurdir respecto ao disposto anteriormente á arbitraxe institucional do Tribunal Arbitral de Galicia. Se a arbitraxe non puidese realizarse, ambas as partes acordan someterse aos Xulgados e Tribunais de Galicia, con renuncia expresa ao seu propio foro se for outro.