Aviso Legal
1. DATOS IDENTIFICATIVOS:
En cumprimento co deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, a seguir aparecen reflectidos os seguintes datos: a persoa física titular do dominio web é Alejandro Tobar Salazar, que opera co nome comercial de Editorial Hugin e Munin (en diante Hugin e Munin), con domicilio na Rúa do Castro, 9, 3º andar, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con NIF 33542463-E. O correo electrónico de contacto é: editorial@huginemunin.gal

2. USUARIOS:

O acceso e/ou uso deste portal de Hugin e Munin atribúe a condición de USUARIO, que acepta, dende o dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas. As citadas Condicións serán de aplicación con independencia das Condicións Xerais de Contratación de servizos que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.

3. USO DO PORTAL:

Huginemunin.gal, e eventualmente o seu subdominio, proporciona acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) en Internet pertencentes a Hugin e Munin ou aos seus licenzadores, aos que o USUARIO pode ter acceso. O USUARIO asume a responsabilidade do uso do portal. A súa responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. No dito rexistro, o USUARIO será responsable de achegar información veraz e lícita. De resultas deste rexistro, pódeselle proporcionar ao USUARIO un contrasinal do que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial deste. O USUARIO comprométese a facer un uso axeitado dos contidos e servizos (como por exemplo, do hosting, servizos de correo electrónico ou outros servizos dixitais) que Hugin e Munin ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra los dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Hugin e Munin, dos seus provedores ou de terceiras persoas, inserir ou difundir na rede virus informáticos o calquera outro sistema físico ou lóxico que for susceptible de provocar os danos anteditos; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes. Hugin e Munin reserva para si o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resulten adecuados para a súa publicación. Secasí, Hugin e Munin non será responsable das opinións emitidas polos usuarios a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación.

4. PROTECCIÓN DE DATOS:

Hugin e Munin, creadora do sitio web, cumpre coas directrices da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, co Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica e demais normativa vixente en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario. Con tal fin, xunto a cada formulario de recolleita de datos de carácter persoal, nos servizos que o usuario poida solicitar a Hugin e Munin, esta faralle saber ao usuario a existencia e aceptación das condicións particulares do tratamento dos seus datos en cada caso, informándoo da responsabilidade do ficheiro creado, da posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, a finalidade do tratamento e das comunicacións de datos a terceiros no seu caso. Así mesmo, Hugin e Munin informa que dá cumprimento á Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico e que lle solicitará o seu consentimento para o tratamento do seu correo electrónico con fins comerciais en cada momento.

5. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL:

Hugin e Munin, en por si ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos nesta (a título enunciativo, imaxes, son, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso etc.), titularidade de Hugin e Munin ou ben dos seus licenzadores. Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de Hugin e Munin. O USUARIO comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de Hugin e Munin. Poderá visualizar os elementos do portal e mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico, sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. O USUARIO deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado nas páxinas de Hugin e Munin.

6. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE:

Hugin e Munin non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, malia adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

7. MODIFICACIÓNS:

Hugin e Munin reserva para si o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través deste como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados.

8. LIGAZÓNS:

No caso de que no nome do dominio se dispuxesen ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios de Internet, Hugin e Munin non exercerá ningún tipo de control sobre os devanditos sitios e contidos. En ningún caso Hugin e Munin asumirá responsabilidade ningunha polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún deses hipervínculos ou outros sitios de Internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

9. DEREITO DE EXCLUSIÓN:

Hugin e Munin reserva para si o dereito a denegarlles ou retirarlles o acceso ao portal e/ou aos servizos ofrecidos sen necesidade de aviso previo, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.

10.XERALIDADES:

Hugin e Munin perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida do seu portal, para o cal exercerá todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

11.MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN:

Hugin e Munin poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes até que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

12. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN:

A relación entre Hugin e Munin e o USUARIO rexerá consonte a normativa estatal vixente, e calquera controversia será sometida aos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela (A Coruña), Galicia.