Felicidade conxugal
Ver o libroA través da voz da protagonista, María Aleksándrovna, o relato detalla as fases polas que transita a súa relación con Serguei Mikháilovich, nun difícil equilibrio entre a idealización romántica e a rutina doméstica.

Teresa
Ver o libroAtinado retrato do desexo reprimido e a descuberta da sexualidade por parte da protagonista, Teresa, quen ve a súa existencia frustrada polas convencións e o poder patriarcal.

O aristócrata Boëtius von Orlamünde
Ver o libroEspléndida novela de formación do moravo Ernst Weiß que aborda a decadencia aristocrática en vésperas da Gran Guerra.

A tolemia
Ver o libroObra merecedora do V Premio Realia de Tradución Literaria. De corte naturalista, esta importante novela das letras catalás aborda o estigma da tolemia cunha mestura de humor, sarcasmo, linguaxe coloquial e certas doses de melodrama.

Corazón de can
Ver o libroUn cirurxián especializado en técnicas de rexuvenecemento decide implantar as gónadas e o cerebro dun delincuente no corpo dun can sen dono. Contra todo prognóstico, o animal sobrevive. Da pluma de Bulgákov, velaquí unha das grandes novelas satíricas do século XX.

A honrada estafadora
Ver o libroNovela psicolóxica de Tove Jansson de marcado cariz adulto que explora cuestións coma a honradez, a construción da identidade, a relevancia do diñeiro ou a necesidade de compañía entre os seres humanos.

A señorita Corazóns Solitarios
Ver o libroParábola nihilista que, con ironía e humor negro, carga contra a relixiosidade da sociedade estadounidense e a amoralidade dos medios. Unha obra fundamental da literatura norteamericana en lingua inglesa.

Fume
Ver o libroTanto pola súa calidade coma pola sutil diagnose dunha sociedade en crise (velaí o choque cultural e político entre a Rusia tradicional e as influencias provenientes de Europa), esta novela, a penúltima de Turguénev, segue a considerarse un fito da literatura universal.

Asasinatos, S. L.
Ver o libroEsta novela de Jack London, amais de atrapar pola súa tensión narrativa, convida á reflexión dende unha perspectiva filosófica, pois afonda na contradición entre os ideais e a realidade e explora o delicado tema da xustificación da violencia en nome dunha suposta xustiza.

Monsieur Maurice
Ver o libroNovela da prolífica Amelia B. Edwards ambientada na Prusia posnapoleónica onde a particular relación entre unha cativa, Gretchen, e monsieur Maurice, un enigmático prisioneiro, destapa unha intriga marcada polo suspense e algún que outro elemento sobrenatural.

Como chega o sal ao mar
Ver o libroÉxito editorial da austríaca Brigitte Schwaiger que, tras publicarse en 1977, vendeu case medio millón de exemplares no conxunto de territorios xermanófonos e se erixiu nunha das dez novelas en lingua alemá con mellor acollida internacional no século XX. Conta a historia dunha muller nova a quen a monotonía da existencia cotiá a canda o seu controlador marido fai que caia na desesperanza.

A herdanza Ferramonti
Ver o libroEsta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, percorre as vidas dos Ferramonti e as artimañas dos membros máis novos para conseguir a herdanza do patriarca. De estética verista, retrata os esforzos de pequenos empresarios e burócratas por se enriquecer e lograr o ascenso social.

Lady Susan
Ver o libroNovela epistolar de Jane Austen que subverte os códigos da novela romántica cunha protagonista manipuladora e capaz de subxugar a quen se lle poña por diante para acadar un status vantaxoso.

A traizón
Ver o libroNovela de Amalie Skram tan estupenda como desacougante que xira arredor dunha guerra conxugal entre o experimentado capitán Adolph Riber e Aurora Ingstad, unha moza de dezasete anos. Un clásico do rupturismo moderno escandinavo.

Trompeta
Ver o libroInspirada parcialmente na vida do músico estadounidense Billy Tipton, esta novela de exuberante prosa reportoulle á escocesa Jackie Kay o prestixioso Premio de Narrativa auspiciado por The Guardian a finais da década de 1990.

Luceiro da mañá
Ver o libroPublicada en 1921, esta novela de Ada Negri contou co aplauso de crítica e público, talvez pola aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica, e pola fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora.

O neno perdido
Ver o libroConmovedora novela curta de Thomas Wolfe que, cun uso maxistral do punto de vista e un requintado alento lírico, busca recompoñer a personalidade de Grover Wolfe, o neno perdido.

Suxestións e novidades
Hugin e Munin trae libros que deberían estar en galego.
Valente aposta pola narrativa internacional e de calidade en lingua galega.
Hugin e Munin sempre nos sorprende con clásicos rescatados e con outros títulos contemporáneos que abren debates de actualidade.
Temos a todas as autoras traducidas ao galego por Hugin e Munin e sabemos que cada libro que nos chega ten garantía de calidade.
Cómpre agradecer as escasas iniciativas que sacan a testa por riba das dificultades e, como amante da literatura universal, entre as miñas preferidas están os libros de Hugin e Munin.
Da man de Hugin e Munin podemos mergullarnos en obras singulares e tamén pouco coñecidas.
Hugin e Munin fai unha aposta decidida por ofrecer títulos da literatura estranxeira que gocen de calidade contrastada, traducidos con profesionalidade.
Voltaire tardou máis de dous séculos en respirar pola nosa fala, e fíxoo grazas aos impecables oficios da tradutora Marie Abraira e da editorial Hugin e Munin.
Unha das editoriais que están no noso pequeno altar das edicións fermosas.
Hugin e Munin combina no seu catálogo diferentes liñas editoriais. O selo intenta captar lectores con diferentes intereses.
A existencia de Hugin e Munin axúdanos a entender o importante presente da tradución literaria na nosa lingua.
Hugin e Munin constrúe un catálogo traducido de excelencia.












