© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia
As gratitudes
Ver o libroEmotivo e conmovedor relato ao redor da vellez, a dependencia ou a empatía, no que a palabra se erixe como un elemento crucial. De Vigan conta a historia dunha anciá, Michka, que sofre a paulatina perda da facultade de se comunicar.
As irmás Bunner
Ver o libroNa Nova York de finais do século XIX, as irmás Bunner rexentan un humilde comercio que apenas lles dá para ir tirando. O seu pequeno mundo cambaleará unha vez que apareza nas súas vidas a figura dun reloxeiro de orixe berlinesa, o señor Herman Ramy.
O crime de Psichiko
Ver o libroEnxeñoso relato paródico das novelas construídas ao redor dun crime que, amais de ofrecer un crecente suspense, recrea a atmosfera da capital grega a comezos do século XX, dando conta dos diferentes estratos sociais.
Cartos
Ver o libroNovela adscrita á corrente feminista sueca da segunda metade do século XIX que optou por romper lazos co romanticismo, abrazar o realismo naturalista e concibir a literatura como espazo para o debate.
Os tardeiros
Ver o libroNovela que, partindo do máis de medio século de amizade entre os protagonistas, Hartmann e Fibich, fala das complicacións da idade adulta, decote indisociables da nenez.
O neno perdido
Ver o libroConmovedora novela curta de Thomas Wolfe que, cun uso maxistral do punto de vista e un requintado alento lírico, busca recompoñer a personalidade de Grover Wolfe, o neno perdido.
A curmá Phillis
Ver o libroTalvez a peza máis lograda dentro da abondosa produción de narrativa breve de Elizabeth Gaskell. Trátase dunha obra sutil que contrapón a realidade labrega e o mundo industrializado. Salientan o humor e a fluidez imprimida á trama e mais a autonomía e a complexidade da personaxe protagonista.
O solteirón
Ver o libroStifter, escritor austrohúngaro de ecos románticos e estilo intimista era, a dicir de Thomas Mann, «un dos narradores máis enigmáticos da literatura universal». Nesta novela, o protagonista deberá emprender unha viaxe até unha remota illa, feito que propiciará a descuberta de segredos longo tempo agochados.
O monstro
Ver o libroPoderosa novela curta que aborda o racismo padecido pola comunidade afroamericana e retrata a humanidade e a compaixón a través do dilema ético que se lle presenta ao personaxe do doutor.
O castelo Rackrent
Ver o libroObra satírica considerada pioneira da literatura histórica anglo-irlandesa e na que destaca o intelixentísimo uso que a autora fai da figura retórica do dialoxismo, cun narrador non fiable.
A educación sentimental
Ver o libroClásico de inmensa influencia, tanto polas súas escenas memorables coma polas innovacións. O fío condutor é un mozo de provincias que se traslada a París e verá fracasadas todas as súas expectativas e ilusións. A súa historia de amor cunha muller casada bastantes anos maior ca el, inspirada en feitos autobiográficos, é o motor da trama.
A casa do pai
Ver o libroNovela de Karmele Jaio distinguida co Premio Euskadi de Literatura. Entre os temas que propón, figuran as complexas relacións entre a masculinidade e o feminismo, a identidade ou a memoria.
Thérèse Desqueyroux
Ver o libro«Thérèse Desqueyroux son eu, desesperado», afirmou François Mauriac a imitación do dito por Flaubert sobre Madame Bovary. Obra ambigua, complexa e dunha gran riqueza literaria que un xurado especializado recoñeceu como unha das doce mellores novelas en lingua francesa da primeira metade do século XX.
As nosas normas
Ver o libroRompe sen contemplacións cos postulados románticos e propón como alternativa unha relación sentimental, talvez utópica, marcada pola autonomía de cada membro da parella. Propiciou unha fonda e acalorada discusión política e literaria ao redor do xénero na Escandinavia do século XIX.
Gobseck
Ver o libroPeza que forma parte da Comedia humana de Balzac. Afonda na figura de Gobseck, prototipo do avaro, e no pasado doutra serie de senlleiros personaxes.
O lector
Ver o libroObra de gran peso na literatura europea contemporánea. Propón unha reflexión sobre a barbarie nazi e pinta, en paralelo, unha relación amorosa de fonda pegada.
A nosa Negra
Ver o libroUnha das primeiras novelas (1859) da literatura estadounidense que escribiu unha afroamericana. Aborda o problema do maltrato e o abuso da poboación negra por parte da sociedade branca dos estados do norte.
A vida na fundición
Ver o libroObra de Rebecca Harding Davis que denuncia a realidade industrial dos EUA no século XIX e que tivo unha recepción extraordinaria por parte das principais plumas do momento.
O caranguexeiro
Ver o libroA obra de Kobayashi, referente da literatura proletaria marxista en xaponés, é trasladable a case calquera contexto de abuso e precariedade laboral, de aí o interese para lectores e lectoras de todo o mundo e a súa tradución a decenas de linguas.
Suxestións e novidades
Valente aposta pola narrativa internacional e de calidade en lingua galega.
Fran P. LorenzoEl Correo Gallego
Temos a todas as autoras traducidas ao galego por Hugin e Munin e sabemos que cada libro que nos chega ten garantía de calidade.
Patricia PortoLibraría Lila de Lilith
Cómpre agradecer as escasas iniciativas que sacan a testa por riba das dificultades e, como amante da literatura universal, entre as miñas preferidas están os libros de Hugin e Munin.
Javier NogueiraEl Progreso
Da man de Hugin e Munin podemos mergullarnos en obras singulares e tamén pouco coñecidas.
Montse Pena PresasFaro de Vigo
Hugin e Munin fai unha aposta decidida por ofrecer títulos da literatura estranxeira que gocen de calidade contrastada, traducidos con profesionalidade.
Ramón NicolásLa Voz de Galicia
Hugin e Munin trae libros que deberían estar en galego.
Belén RegueiraDiario Cultural
Voltaire tardou máis de dous séculos en respirar pola nosa fala, e fíxoo grazas aos impecables oficios da tradutora Marie Abraira e da editorial Hugin e Munin.
Armando RequeixoCriticalia
Unha das editoriais que están no noso pequeno altar das edicións fermosas.
Raquel C. PicosDisquecool
Hugin e Munin combina no seu catálogo diferentes liñas editoriais. O selo intenta captar lectores con diferentes intereses.
César Lorenzo GilBiosbardia
A existencia de Hugin e Munin axúdanos a entender o importante presente da tradución literaria na nosa lingua.
Sara AlfaroO Salto Diario - Galiza
Hugin e Munin constrúe un catálogo traducido de excelencia.
Manuel BragadoBrétemas