© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia
O lector
Ver o libroObra de gran peso na literatura europea contemporánea. Propón unha reflexión sobre a barbarie nazi e pinta, en paralelo, unha relación amorosa de fonda pegada.
A nosa Negra
Ver o libroUnha das primeiras novelas (1859) da literatura estadounidense que escribiu unha afroamericana. Aborda o problema do maltrato e o abuso da poboación negra por parte da sociedade branca dos estados do norte.
Noventa anos despois
Ver o libroA meirande obra narrativa do serbio Milovan Glišić, unha valiosa achega á literatura gótica e á temática vampírica. Publicada dezasete anos antes ca o Drácula de Bram Stoker.
O home das bonecas
Ver o libroEstilo requintado, atmosfera lúgubre, erotismo mórbido e paixóns violentas. Nesta obra, a loucura exemplifícase na obsesión do protagonista, Menzel, coa súa variada colección de bonecas.
Na néboa
Ver o libroHábil historia detectivesca –só que sen detectives– e logrado exemplo de novela enigma da man de Richard Harding Davis.
A vida na fundición
Ver o libroObra de Rebecca Harding Davis que denuncia a realidade industrial dos EUA no século XIX e que tivo unha recepción extraordinaria por parte das principais plumas do momento.
A escritora
Ver o libroNovela curta que disfraza a experiencia persoal de Madame de Genlis no mundo das letras mediante unha intriga amorosa; partindo da ironía, aborda as dificultades coas que batían as mulleres escritoras nos séculos XVIII e XIX.
O caranguexeiro
Ver o libroA obra de Kobayashi, referente da literatura proletaria marxista en xaponés, é trasladable a case calquera contexto de abuso e precariedade laboral, de aí o interese para lectores e lectoras de todo o mundo e a súa tradución a decenas de linguas.
Morrerei outro día
Ver o libroA novela de Isabelle Alonso retrata con pulso certeiro os valores republicanos, as arelas e tristuras dos que, coma o protagonista, pretendían mudar a realidade e loitar contra o escurantismo fascista que desatou a guerra civil española.
A honra e os cartos
Ver o libroPublicada en grego nos albores do século
XX, esta obra de trazos naturalistas escrita por Konstatinos Theotokis afástase do carácter bucólico e da liña folclorista da literatura helénica predominante daquela.O amuleto
Ver o libroClásico da narrativa breve en alemán do século XIX. Posúe algúns elementos simbolistas e a carga histórica habitual nas obras do autor suízo Conrad Ferdinand Meyer.
Valente aposta pola narrativa internacional e de calidade en lingua galega.
Fran P. LorenzoEl Correo Gallego
Temos a todas as autoras traducidas ao galego por Hugin e Munin e sabemos que cada libro que nos chega ten garantía de calidade.
Patricia PortoLibraría Lila de Lilith
Cómpre agradecer as escasas iniciativas que sacan a testa por riba das dificultades e, como amante da literatura universal, entre as miñas preferidas están os libros de Hugin e Munin.
Javier NogueiraEl Progreso
Da man de Hugin e Munin podemos mergullarnos en obras singulares e tamén pouco coñecidas.
Montse Pena PresasFaro de Vigo
Hugin e Munin fai unha aposta decidida por ofrecer títulos da literatura estranxeira que gocen de calidade contrastada, traducidos con profesionalidade.
Ramón NicolásLa Voz de Galicia
Hugin e Munin trae libros que deberían estar en galego.
Belén RegueiraDiario Cultural
Voltaire tardou máis de dous séculos en respirar pola nosa fala, e fíxoo grazas aos impecables oficios da tradutora Marie Abraira e da editorial Hugin e Munin.
Armando RequeixoCriticalia
Unha das editoriais que están no noso pequeno altar das edicións fermosas.
Raquel C. PicosDisquecool
Hugin e Munin combina no seu catálogo diferentes liñas editoriais. O selo intenta captar lectores con diferentes intereses.
César Lorenzo GilBiosbardia
Hugin e Munin constrúe un catálogo traducido de excelencia.
Manuel BragadoBrétemas