• A miña conta
  • 0Carrito de Compra
Editorial Hugin e Munin
  • Inicio
  • Catálogo
  • A editorial
  • Subscrición
  • Blog
  • Contacto
  • Menú Menú

Novidades de abril de 2021

29 Marzo, 2021/en Noticias /por Editorial Hugin e Munin

Con abril ás portas, publicamos dúas novidades na colección Principal, as correspondentes ao segundo trimestre de 2021. Nesta ocasión trátase dunha obra clásica da literatura francesa, Gobseck (PVP 13 €; traducida do francés por Isabel Soto), novela curta que forma parte da monumental La Comédie humaine de Honoré de Balzac, onde o autor afonda na figura do usureiro Gobseck, prototipo do avaro, así como no turbulento pasado doutra serie de senlleiros personaxes; e, doutra banda, O esmoleiro (14,50 €; traducida do grego por Alfonso Blanco), unha referencia ineludible da narrativa escrita en neogrego e a mostra máis sobranceira da tendencia naturalista de Andreas Karkavitsas.

Esta mesma semana enviaremos os paquetes aos domicilios das persoas subscritoras e comezaremos, coma decote, a distribución comercial nas librarías. Quen estea en disposición de apoiar o noso labor cunha subscrición, adiante, e grazas. Velaquí a información coas distintas modalidades de abonamento.

Etiquetas: alfonso blanco, galego, Gobseck, Isabel Soto, literatura grega, O esmoleiro, tradución
Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Share on WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo
https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2021/03/imaxe-gobseck-esmoleiro.jpg 720 1280 Editorial Hugin e Munin https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/03/23logo-hem2-1.png Editorial Hugin e Munin2021-03-29 12:34:072021-03-29 12:47:10Novidades de abril de 2021
Tamén che pode interesar
As personaxes femininas en A peste: o silencio e a distancia
A contrafío, do aglaio da xeración Nós á tradución de Isabel Soto
Serbocroata, croataserbio, serbio ou croata e croata ou serbio
A fraseoloxía da novela Unha muller perdida
Balance do ano editorial 2020

Últimas entradas

  • A fraseoloxía da novela Unha muller perdida16 Abril, 2021 - 2:21 p.m.
  • As personaxes femininas en A peste: o silencio e a distancia15 Abril, 2021 - 11:56 a.m.
  • Escritoras detrás dun pseudónimo8 Marzo, 2021 - 9:46 a.m.
  • A nosa Negra: apuntamentos tras un faladoiro virtual19 Febreiro, 2021 - 3:44 p.m.
  • Reimpresión de Pasaia blues5 Febreiro, 2021 - 4:53 p.m.

Síguenos no Facebook

Novidades editoriais

  • O esmoleiro €14,50
  • Gobseck €13,00
  • O lector €15,00
  • A nosa Negra €14,00
  • A escritora €8,00

© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia

Escritoras detrás dun pseudónimo As personaxes femininas en A peste: o silencio e a distancia
Desplazarse hacia arriba