Entradas de] Editorial Hugin e Munin

Décimo aniversario

Os primeiros títulos do noso catálogo (Servizo de Correos, de Charles Bukowski; e O forasteiro misterioso, de Mark Twain) viron a luz en decembro de 2011, así que neste Nadal de 2021 celebramos os primeiros dez anos de vida da editorial.   Cifras, linguas e persoas involucradas Nestes dez anos de traxectoria, publicamos un total […]

A literatura universal tamén se cita en galego

Dende hai algo menos de medio ano, a TVG emite o programa Atrápame se podes. Trátase dun espazo de preguntas e respostas sobre coñecemento xeral lanzado en 2014 pola canle pública vasca ETB2 (que emite integramente en castelán). En vista do éxito, ao longo destes anos incorporárono a cadansúa grella un bo número de televisións […]

Vellos que tampouco non deben de namorarse?

Ás veces o azar crea estrañas parellas de baile; outras, á hora de programar as publicacións, somos nós os que procuramos que os libros cunha mesma data de lanzamento teñan algunha clase de vinculación. Así, por exemplo, hai agora un ano tirabamos do prelo senllas obras dos estadounidenses Rebecca Harding Davis (A vida na fundición) […]

Resolto o III Premio Realia de Tradución

O xurado –formado por Estela Villar, Bieito Legaspi e Isabel Soto– resolveu que a obra gañadora da III edición do Premio Realia de Tradución Literaria fose As consecuencias da vella historia, escrita por Georgios Viziinos e traducida do grego moderno ao galego por Alfonso Blanco Quintela. Como se recolle na Acta, “a tradución asinada por Blanco […]

Reimpresión de A nosa Negra

Hai un par de semanas puxemos a circular a segunda impresión da novela A nosa Negra, de Harriet E. Wilson. Aínda que nos movamos sempre en números e tiraxes moi modestas, é un motivo de especial alegría comprobar que unha obra así -tan crúa coma real- callou entre os lectores e lectoras en galego; de […]

Convócase o III Premio Realia de Tradución Literaria

Hoxe, por fin, unha vez que se publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria do III Premio Realia de Tradución Literaria, podemos convidar a todos os tradutores e tradutoras ao galego a que presentedes os vosos traballos ao certame que coxestionamos a canda o Concello de Santiago de Compostela. En relación coas […]

Reimpresión de O caranguexeiro

Hai un ano, en xullo de 2020, publicamos O caranguexeiro, a novela máis sobranceira de Takiji Kobayashi (Ōdate, 1903-Toquio, 1933). Da tradución directa do xaponés encargouse Gabriel Álvarez Martínez, responsable tamén de que neste tempo se incorporasen ao corpus galego de literatura traducida outras dúas obras de relevo: Unha noite no tren da vía láctea, […]

Os primeiros 101 títulos

Coa incorporación ao catálogo das novelas As nosas normas, de Carl Jonas Love Almqvist, traducida por Marta Dahlgren, e O obradoiro de vidro, de Menis Koumantareas, traducida por Alfonso Blanco, son xa 101 os títulos publicados por Hugin e Munin. Este labor de edición constante, entendemos que metódico e equilibrado, posibilitou que a editorial vaia […]

Elementos paratextuais e ilustracións no corpo das novelas

Non é habitual, pero tampouco non é novo, que algúns escritores e escritoras opten por introducir elementos paratextuais no corpo das súas obras de ficción. Por norma xeral, trátase dunha operación cando menos arriscada, pois desvía a atención da lectura e rompe cos códigos tácitos do que se entende por escritura moderna. Porén, pode dicirse […]