Entradas de] Editorial Hugin e Munin

Vampiros e naturalismo grego, novidades do outono de 2026

Acaban de chegar da imprenta, aínda que só unha parte, as dúas novidades de comezos do outono. Unha incidencia na cola de produción provocou unha pequena demora de varios días, motivo polo que lles pedimos desculpas ás persoas subscritoras. A partir deste luns 12 de outubro empezará a repartición dos envíos. E contra finais da […]

15 anos de Hugin e Munin: o catálogo con lupa

O domingo 11 de outubro, ás 12 horas, na Praza da Quintana de Santiago de Compostela, celebramos os quince primeiros anos de existencia de Hugin e Munin cun faladoiro arredor do catálogo e, dun xeito algo máis amplo, do lugar que ocupa a literatura traducida no sistema literario galego. Que obras chegamos a coñecer grazas […]

Das eclipses literarias

Como mero entretemento, é ben curioso rastrexar o termo eclipse nos libros que hoxe por hoxe conforman o catálogo de Hugin e Munin (preto xa dos 150 títulos, sumando os de ambas as coleccións). Resulta que os autores e autoras que introducen o fenómeno das eclipses nas súas obras son máis dos que talvez algúns […]

Verán de 2026: Leïla Slimani e Amy Levy

Ao longo desta semana sairán para o domicilio das persoas subscritoras as dúas novidades do trimestre que principia en xullo, e deseguida empezarán a distribuírse tamén en librarías e outras canles comerciais. Por unha banda, presentamos unha das grandes pezas da literatura francesa contemporánea, Doce arrolo, de Leïla Slimani. Galardoada co Premio Goncourt 2016, trátase […]

Usos do artigo en exónimos de países e rexións

Non existe unha norma que estableza que exónimos se anteceden de artigo e cales non, polo que son os usos os que orientan os falantes. Así a todo, cómpre atender ás fontes de autoridade, precisadas mediante as definicións e os exemplos dos artigos lexicográficos da edición dixital do Dicionario da Real Academia Galega (DRAG). Debe […]

Primavera 2026: Henrik Pontoppidan e Sarah Orne Jewett

Dúas novas obras pasan a engrosar o noso catálogo. A próxima semana sairán para os domicilios das persoas subscritoras (velaquí a folla de subscrición, para quen poida estar interesado) e a continuación empezará a distribución en librarías e demais canles comerciais. Trátase, por unha banda, da novela A terra dos abetos en punta, escrita por […]

A Teresa de Neera: marco e contexto

«Moitas rapazas posaron sen sabelo para a miña Teresa, entre elas unha, que tamén se chamaba así, á que vin só unha vez. Pálida e triste, sentada á parte das irmás –unhas raparigas que facían bromas entre elas–, cosía unha camisa para o seu pretendente ausente, ao que levaba esperando xa dez anos, que nunca […]

Lev Tolstoi e Neera

Como avanzabamos no Balance do ano editorial 2025, por fin temos connosco as novidades, que lles remitiremos decontado ás persoas socias e que, coma decote, distribuiremos nas canles comerciais habituais. Trátase, por unha banda, da novela intitulada Felicidade conxugal, escrita por Lev Tolstoi e publicada orixinalmente en 1859. Dende a introspección, este texto intérnase no […]

Balance do ano editorial 2025

Eis o balance do traballo realizado en 2025: Comezamos cunha mención aos dous títulos comercializados en xaneiro de 2025, malia levaren depósito legal de decembro de 2024. Por unha banda, a novela de Jack London intitulada Asasinatos, S. L., traducida dende o inglés por Iago Nicolás Ballesteros, e, pola outra, Fume, de Iván Turguénev, traducida […]

© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia