Entradas de] Editorial Hugin e Munin

Gaskell e Stifter, grandes plumas do século XIX

Incorporamos estes primeiros días de outono dúas novidades á colección principal, que lles enviaremos en cuestión de horas ás persoas subscritoras e, máis tarde, ás librarías. Traemos, por unha banda, O solteirón, unha singular novela de Adalbert Stifter, escritor nado en Bohemia (en 1805, cando esta formaba parte de Austria-Hungría), sen unha adscrición clara a […]

As catro pezas en galego de Stephen Crane

Coa publicación de O monstro, na tradución de Iago Nicolás Ballesteros, o corpus galego de literatura traducida acada unha representación máis que digna da produción narrativa de Stephen Crane. Paul Auster, nada menos, cualificou esta obriña en concreto como “exquisita e audazmente concibida, a máis poderosa e complexa das súas novelas curtas”, mentres que do […]

Novidades estivais: novelas de Maria Edgeworth e Stephen Crane

Acaban de chegar da imprenta as dúas novidades do trimestre que encomeza en xullo. Polo tanto, no que resta de semana enviarémoslles o paquete con ambos os novos títulos ás persoas subscritoras, para despois empezar a comercializalos nas librarías e demais canles habituais. Desta vez optamos por presentarlle ao lectorado en galego, por un lado, […]

Análise da Orde de axudas públicas á tradución de 2022

ANÁLISE DA ORDE DE AXUDAS PÚBLICAS Á TRADUCIÓN DO 22 DE ABRIL DE 2022, PUBLICADA NO DOG NÚM. 89 DO 9 DE MAIO DE 2022 * DECÁLOGO DE MALAS PRÁCTICAS OU COMO ACANTOAR A PRODUCIÓN PROFESIONAL DE LITERATURA TRADUCIDA Velaquí unha exposición breve, razoada e exemplificada dos despropósitos máis substanciais perpetrados pola Xunta de Galicia […]

A educación sentimental: valoracións críticas

Terceira das entradas relacionadas coa novela A educación sentimental. Os contidos foron elaborados pola tradutora Isabel Soto e teñen por obxecto enriquecer a lectura de quen agora se achegue a unha das obras clave da literatura europea. Flaubert pensaba que A educación sentimental lograría que os franceses tomasen conciencia da súa inercia. No entanto, foi […]

A educación sentimental: quen é quen

Segunda das entradas relacionadas coa novela A educación sentimental. Os contidos foron elaborados pola tradutora Isabel Soto e teñen por obxecto enriquecer a lectura de quen agora se achegue a unha das obras clave da literatura europea. Quen é quen   FRÉDÉRIC MOREAU É o protagonista principal da novela, durante a cal asistimos ao seu […]

A educación sentimental: xénese da obra e marco temporal

Achegamos a continuación a primeira de varias entradas relacionadas coa novela A educación sentimental. Os contidos foron elaborados pola tradutora Isabel Soto e teñen por obxecto enriquecer a lectura de quen agora se achegue a unha das obras clave da literatura europea. Xénese da obra   A educación sentimental recolle un feito biográfico esencial na […]

30 novelas da literatura francesa

Coa publicación de A educación sentimental, de Flaubert, a miúdo considerada un punto de inflexión na narrativa europea, chegamos ás 30 obras importadas da literatura francesa (de cuxa tradución ao galego se responsabilizaron Isabel Soto, Xavier Senín, Marie Abraira, Alejandro Tobar, Xabier Ron e Ánxela Gracián). Velaquí a cronoloxía consonte os anos de publicación orixinal […]

Senllas novelas de Gustave Flaubert e Karmele Jaio

Chegou a primavera e con ela dúas novidades de excepción para engrosar a colección Principal, as correspondentes ao segundo trimestre de 2022. Tras un longo tempo de intenso traballo, por fin podemos presentar en galego un dos meirandes e máis extensos clásicos da literatura universal: A educación sentimental, de Gustave Flaubert, traducida e anotada por […]