Entradas de] Editorial Hugin e Munin

Análise da Orde de axudas públicas á tradución de 2022

ANÁLISE DA ORDE DE AXUDAS PÚBLICAS Á TRADUCIÓN DO 22 DE ABRIL DE 2022, PUBLICADA NO DOG NÚM. 89 DO 9 DE MAIO DE 2022 * DECÁLOGO DE MALAS PRÁCTICAS OU COMO ACANTOAR A PRODUCIÓN PROFESIONAL DE LITERATURA TRADUCIDA Velaquí unha exposición breve, razoada e exemplificada dos despropósitos máis substanciais perpetrados pola Xunta de Galicia […]

A educación sentimental: valoracións críticas

Terceira das entradas relacionadas coa novela A educación sentimental. Os contidos foron elaborados pola tradutora Isabel Soto e teñen por obxecto enriquecer a lectura de quen agora se achegue a unha das obras clave da literatura europea. Flaubert pensaba que A educación sentimental lograría que os franceses tomasen conciencia da súa inercia. No entanto, foi […]

A educación sentimental: quen é quen

Segunda das entradas relacionadas coa novela A educación sentimental. Os contidos foron elaborados pola tradutora Isabel Soto e teñen por obxecto enriquecer a lectura de quen agora se achegue a unha das obras clave da literatura europea. Quen é quen   FRÉDÉRIC MOREAU É o protagonista principal da novela, durante a cal asistimos ao seu […]

A educación sentimental: xénese da obra e marco temporal

Achegamos a continuación a primeira de varias entradas relacionadas coa novela A educación sentimental. Os contidos foron elaborados pola tradutora Isabel Soto e teñen por obxecto enriquecer a lectura de quen agora se achegue a unha das obras clave da literatura europea. Xénese da obra   A educación sentimental recolle un feito biográfico esencial na […]

30 novelas da literatura francesa

Coa publicación de A educación sentimental, de Flaubert, a miúdo considerada un punto de inflexión na narrativa europea, chegamos ás 30 obras importadas da literatura francesa (de cuxa tradución ao galego se responsabilizaron Isabel Soto, Xavier Senín, Marie Abraira, Alejandro Tobar, Xabier Ron e Ánxela Gracián). Velaquí a cronoloxía consonte os anos de publicación orixinal […]

Senllas novelas de Gustave Flaubert e Karmele Jaio

Chegou a primavera e con ela dúas novidades de excepción para engrosar a colección Principal, as correspondentes ao segundo trimestre de 2022. Tras un longo tempo de intenso traballo, por fin podemos presentar en galego un dos meirandes e máis extensos clásicos da literatura universal: A educación sentimental, de Gustave Flaubert, traducida e anotada por […]

Reimpresión de Kallocaína

Esgotada a primeira edición, acabamos de reimprimir Kallocaína, a soada novela de ciencia ficción escrita pola sueca Karin Boye. Publicarámola en galego a comezos de 2015, na tradución de Marta Dahlgren, e ao ano seguinte foi distinguida co Premio Plácido Castro de Tradución. Tanto a nivel temporal como a nivel temático, esta distopía parece moverse […]

Reimpresión de Jude o escuro

Aínda que por contagotas, ao cabo esgotamos a primeira edición de Jude o escuro, unha das novelas máis célebres e logradas de Thomas Hardy, en tradución directa dende o inglés a cargo de María Fe González, responsable así mesmo doutros títulos que temos vivos no catálogo: Maria, de Mary Wollstonecraft, e Oroonoko, de Aphra Behn. […]

5 novidades: Mauriac, Viziinos, Beyer, Ames Mitchell e Dulaure

Van camiño dos domicilios das persoas subscritoras as últimas publicacións deste ano, que pronto estarán tamén á venda nas librarías. Pasan pois a formar parte da colección principal as novelas Thérèse Desqueyroux, de François Mauriac, traducida por Xavier Senín, unha das grandes apostas da tempada, e As consecuencias da vella historia, de Georgios Viziinos, obra […]