• A miña conta
  • 0Carrito de Compra
Editorial Hugin e Munin
  • Inicio
  • Catálogo
  • A editorial
  • Subscrición
  • Blog
  • Novas
  • Contacto
  • Menú Menú

Novidades: obras de Victoria Benedictsson e Pavlos Nirvanas

29 Marzo, 2023/en Blog

Con abril á volta, incorporamos dúas novidades á colección principal, que ao longo destes días sairán para os domicilios das persoas subscritoras e chegarán así mesmo ás librarías. Nesta ocasión, como valor engadido, cómpre sinalar que ningunha das dúas novelas que agora ofrecemos foi traducida nunca a ningunha outra lingua peninsular.

Por unha banda, chega, en tradución dende o sueco a cargo de Marta Dahlgren, a obra intitulada Cartos (1885), que é clave na produción literaria de Victoria Benedictsson, unha magnífica autora adscrita ao denominado rupturismo moderno, un movemento xurdido na segunda metade do século XIX en Escandinavia que optou por romper lazos co romanticismo, abrazar o realismo naturalista e concibir a literatura como espazo para o debate. Esta peza súa en particular leva décadas sendo obxecto de pormenorizados estudos por parte da crítica feminista. Trátase, polo demais, da sétima novela escrita orixinalmente en sueco que entra a formar parte do noso catálogo.

Por outra banda, velaí vén tamén unha novela grega ben peculiar, O crime de Psichiko (1928), escrita por Pavlos Nirvanas e traducida dende o grego moderno por Alfonso Blanco. Trátase dunha hábil parodia das novelas construídas ao redor dun crime. Así, entre os aspectos que o autor satiriza, cabe sinalar o exacerbado sensacionalismo da prensa, as rarezas do sistema penitenciario, a desidia policial ou a inxenuidade dunha sociedade acrítica. É, pois, un relato enxeñoso, cáustico no estilo e de crecente suspense que, ademais, recrea a atmosfera da capital grega a comezos do século XX, dando conta dos diferentes estratos sociais. Tamén esta de Nirvanas supón a sétima incursión nas letras gregas que levamos a cabo. Neste sentido, convidamos a afondar no catálogo.

Boas lecturas de primavera.

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Share on WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo
https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2023/03/foto-novidades-abril-2023-web.jpg 640 972 Editorial Hugin e Munin https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/03/23logo-hem2-1.png Editorial Hugin e Munin2023-03-29 16:37:552023-03-29 17:01:23Novidades: obras de Victoria Benedictsson e Pavlos Nirvanas
Tamén che pode interesar
Análise da Orde de axudas públicas á tradución de 2022
Convócase o III Premio Realia de Tradución Literaria
Collins, Genlis, Rebecca e Richard Harding Davis e un tal Renaud
30 novelas da literatura francesa
Dúas grandes novelas de Grazia Deledda
Novelas de Jackie Kay e Ada Negri, novidades de outono
A educación sentimental: quen é quen
5 novidades: Mauriac, Viziinos, Beyer, Ames Mitchell e Dulaure

Últimas entradas

  • Novelas de Jackie Kay e Ada Negri, novidades de outono3 Outubro, 2023 - 11:53 a.m.
  • A cuarta experiencia do Premio Realia. Algúns erros recorrentes que conviría desterrar14 Agosto, 2023 - 11:46 a.m.
  • Verán de 2023: novelas de Edith Wharton e Delphine de Vigan23 Xuño, 2023 - 11:13 a.m.
  • Dúas grandes novelas de Grazia Deledda2 Xuño, 2023 - 10:17 p.m.
  • Premios nobel con obra traducida ao galego12 Maio, 2023 - 6:34 p.m.

Síguenos no Facebook

Novidades editoriais

  • Luceiro da mañá €14,50
  • Trompeta €16,50
  • As gratitudes €15,00
  • As irmás Bunner €15,00
  • Cartos €16,50

© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia

Vencellos co universo de Thomas WolfeNa avanzada da tradución literaria
Desplazarse hacia arriba