• A miña conta
  • 0Carrito de Compra
Editorial Hugin e Munin
  • Inicio
  • Catálogo
  • A editorial
  • Subscrición
  • Blog
  • Novas
  • Contacto
  • Menú Menú

A contrafío, do aglaio da xeración Nós á tradución de Isabel Soto

4 Novembro, 2020/en Blog

Catro anos e uns meses despois da súa publicación en lingua galega, estes días chegaron do prelo os novos exemplares de A contrafío, unha das novelas máis senlleiras e estimadas que temos no catálogo, na que traballaramos a esgalla durante polo menos un par de anos, sobre todo a súa tradutora, Isabel Soto. Coma decote, ao comprobar que se nos ían esgotando as existencias, aproveitamos para revisar o conxunto, retirar algunha que outra errata e reimprimir as correspondentes copias.

É sabido que gran parte dos nosos títulos son libros de fondo; long-sellers a pequena escala, se se quere. De entre eles, poucos hai co grao de excelencia de A contrafío. A edición galega da denominada “Biblia do decadentismo” leva incorporado un xenuíno aparato de notas ao pé (nada menos que 232; con diferenza, a que máis de entre as obras de noso), o prefacio do autor para a edición en francés de 1903, é dicir, case vinte anos despois da publicación orixinal en 1884 (un texto que reformulamos como posfacio, de tal maneira que non condicionase en exceso a lectura), a inescusable nota preliminar onde se contextualiza en catro xeniais pinceladas o pasado familiar de Des Esseintes ao tempo que se avanza o seu dandismo, e, a maiores, unha guía de lectura de elaboración propia intitulada Algunhas claves para ler A contrafío, da que chegamos a sacar algunhas copias en papel e coa que actualmente obsequiamos a quen merca un exemplar da novela.

Na tal guía, en concreto na epígrafe “Huysmans e a literatura galega”, explicamos até que punto A contrafío foi unha “referencia para os autores pertencentes á Xeración Nós, os cales participaron da sensibilidade propia da mocidade de comezos do século XX e do seu intento de busca na literatura de corte espiritualista dunha táboa coa que salvarse do naufraxio no que afogaban no contexto da España da Restauración”; de igual modo, achéganse curiosidades e vencellos entre a obra de Huysmans e outras da literatura galega como Arredor de si (1930), de Otero Pedrayo.

Por estes motivos, convidamos a lectoras e lectores a mergullarse por vez primeira ou pola enésima nunha das obras máis relevantes da literatura europea de finais do XIX.

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Share on X
  • Share on WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo
https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/11/huysmans-2ed.png 414 921 Editorial Hugin e Munin https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/03/23logo-hem2-1.png Editorial Hugin e Munin2020-11-04 18:01:492020-11-04 18:01:49A contrafío, do aglaio da xeración Nós á tradución de Isabel Soto
Tamén che pode interesar
Apuntamentos sobre a novela A honrada estafadora
As personaxes femininas en A peste: o silencio e a distancia
A misoxinia nas críticas á obra de Colet
Reimpresión de Kallocaína
Senllas novelas de Gustave Flaubert e Karmele Jaio
Dúas grandes novelas de Grazia Deledda
Reimpresión de Jude o escuro
Reimpresión da Eva futura de Villiers

Últimas entradas

  • Apuntamentos sobre a novela A honrada estafadora3 Xuño, 2025 - 10:04 a.m.
  • En abril, novelas de Tove Jansson e Nathanael West7 Abril, 2025 - 5:52 p.m.
  • Bases da V edición do Premio Realia13 Marzo, 2025 - 3:33 p.m.
  • Dúas incorporacións: Iván Turguénev e Jack London4 Xaneiro, 2025 - 5:31 p.m.
  • Balance do ano editorial 202429 Decembro, 2024 - 9:57 a.m.

Síguenos no Facebook

Novidades editoriais

  • A honrada estafadora €15,00
  • A señorita Corazóns Solitarios €15,00
  • Asasinatos, S. L. €16,00
  • Fume €16,50
  • O mono Xouth €15,00

© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia

Micromegas, a primeira das reimpresións do outonoXavier Senín gaña o Premio Estatal á Obra dun Tradutor de 2020
Desplazarse hacia arriba