Usos do artigo en exónimos de países e rexións
Non existe unha norma que estableza que exónimos se anteceden de artigo e cales non, polo que son os usos os que orientan os falantes. Así a todo, cómpre atender ás fontes de autoridade, precisadas mediante as definicións e os exemplos dos artigos lexicográficos da edición dixital do Dicionario da Real Academia Galega (DRAG).
Debe terse en conta que os exónimos reciben o mesmo tratamento ca os topónimos estandarizados galegos (A Coruña, A Mariña Lucense, O Courel…), de tal maneira que o artigo se integra neles e, en consecuencia, deben grafarse en maiúscula («O lago Ontario está situado entre O Canadá e Os Estados Unidos de América») e contraerse coas preposicións que o antecederen («Fixo moito cadal na Arxentina»).
* * *
|
EXÓNIMO ESTANDARIZADO CO ARTIGO CORRESPONDENTE |
REFERENCIA DO DRAG |
|
|
Os Abruzos |
Rexión italiana. |
acepción 1 de «abrucés, abrucesa» |
|
O Alentexo |
Rexión portuguesa. |
acepción 1 de «alentexano, alentexana» |
|
O Algarve |
Rexión portuguesa. |
acepción 1 de «algarvío, algarvía» |
|
O Alto Volta |
País da África occidental; hoxe Burkina Faso. |
acepción 1 de «altovoltense» |
|
As Antillas |
Arquipélago de América central. |
acepción 1 de «antillano, antillana» |
|
A Arxentina |
País de América do Sur. |
acepción 1 de «arxentino, arxentina» |
|
Os Azores |
Arquipélago atlántico e rexión portuguesa. |
acepción 1 de «azoriano, azoriana» |
|
As Bahamas |
País insular do océano Atlántico. |
acepción 1 de «bahamés» |
|
A Beira |
Rexión histórica portuguesa. |
acepción 1 de «beirón, beiroa» |
|
O Bierzo |
Comarca de Castela e León. |
acepción 1 de «berciano, berciana» |
|
A Bética |
Provincia romana. |
acepción 1 de «bético, bética» |
|
O Brasil |
País de América do Sur. |
acepción 1 de «brasileiro, brasileira» |
|
A Bretaña |
Rexión de Francia. |
acepción 1 de «bretón, bretoa» |
|
A Cabilia |
Rexión de Alxeria. |
acepción 2 de «cabilo, cabila» |
|
A Cafrería |
Territorio de África do Sur; hoxe Cabo Oriental. |
acepción 1 de «cafre» |
|
O Camerún |
País de África central. |
acepción 1 de «camerunés, camerunesa» |
|
O Canadá |
País de América do Norte. |
acepción 1 de «canadense» |
|
As Canarias |
Arquipélago atlántico e comunidade autónoma. |
acepción 1 de «canario, canaria» |
|
O Cantón dos Grisóns |
Cantón de Suíza. |
acepción 1 de «grisón, grisoa» |
|
O Caribe |
Rexión do continente americano. |
acepción 1 de «caribeño, caribeña» |
|
O Cáucaso |
Rexión de Europa oriental e de Asia occidental. |
acepción 1 de «caucásico, caucásica» |
|
O Chadi |
País de África central. |
acepción 1 de «chadiano, chadiana» |
|
A China |
País do Extremo Oriente. |
acepción 1 de «chinés, chinesa» |
|
A Cidade do Vaticanoii |
Estado soberano; enclave de Roma. |
acepción 1 de «vaticano, vaticana» |
|
O Congo |
Rexión de África central. |
acepción 1 de «congolés, congolesa» |
|
A Dacia |
Rexión ao norte dos Balcáns. |
acepción 1 de «dacio, dacia» |
|
O Empordán |
Comarca histórica do nordés de Cataluña. |
acepción 1 de «empordanés, empordanesa» |
|
A Eólida |
Antiga rexión de Asia Menor. |
acepción 1 de «eolio, eolia» |
|
Os Estados Unidos de América |
País de América do Norte. |
acepción 1 de «estadounidense» |
|
A Etolia |
Antiga rexión grega. |
acepción 1 de «etolio, etolia» |
|
A Etruria |
Antiga rexión itálica. |
acepción 1 de «etrusco, etrusca» |
|
A Francofonia |
Antiga rexión de Alemaña. |
acepción 1 de «francón, francoa» |
|
A Frisia |
Provincia do Reino dos Países Baixos. |
acepción 1 de «frisón, frisoa» |
|
A Galia |
Antiga provincia romana. |
acepción 1 de «gálico, gálica» |
|
A Güiana Francesa |
Rexión ultramarina de Francia. |
acepción 1 de «güianés, güianesa» |
|
A Güiana Holandesa |
Colonia dos Países Baixos; hoxe Suriname. |
acepción 2 de «güianés, güianesa» |
|
O Iemeniii |
País de Oriente Medio. |
acepción 1 de «iemení» |
|
A India |
País de Asia meridional. |
acepción 1 de «hindú» |
|
O Kurdistán |
Rexión de Oriente Medio. |
acepción 1 de «kurdo, kurda» |
|
O Languedoc |
Rexión de Francia. |
acepción 1 de «languedociano, languedociana» |
|
O Líbano |
País de Asia occidental. |
acepción 1 de «libanés, libanesa» |
|
A Liguria |
Rexión de Italia. |
acepción 2 de «lígur» |
|
A Lombardía |
Rexión de Italia. |
acepción 1 de «lombardo, lombarda» |
|
A Lorena |
Rexión de Francia. |
acepción 1 de «lorenés, lorenesa» |
|
O Magreb |
Rexión do norte de África. |
acepción 1 de «magrebí» |
|
A Mancha |
Rexión de España. |
acepción 1 de «manchego, manchega» |
|
A Maragatería |
Rexión de España. |
acepción 1 de «maragato, maragata» |
|
O Nepal |
País do sur de Asia. |
acepción 1 de «nepalés, nepalesa» |
|
O País de Gales |
Nación do Reino Unido. |
acepción 1 de «galés, galesa» |
|
O País Vasco |
Comunidade autónoma. |
acepción 1 de «vasco, vasca» |
|
Os Países Baixos |
Territorio do Reino dos Países Baixos. |
acepción 1 de «neerlandés, neerlandesa» |
|
A Patagonia |
Rexión austral de América do Sur. |
acepción 1 de «patagón, patagoa» |
|
O Peloponeso |
Illa e rexión do sur de Grecia. |
acepción 1 de «peloponeso, peloponesa» |
|
O Perú |
País de América do Sur. |
acepción 1 de «peruano, peruana» |
|
O Piemonte |
Rexión de Italia. |
acepción 1 de «piemontés, piemontesa» |
|
A Provenza |
Antiga provincia do sueste de Francia. |
acepción 1 de «provenzal» |
|
O Quebec |
Provincia do Canadá. |
acepción 1 de «quebequés, quebequesa» |
|
O Reino Unido |
País insular ao noroeste de Europa. |
acepción 4 de «inglés, inglesa» |
|
A Renania |
Rexión de Alemaña. |
acepción 1 de «renano, renana» |
|
O Río de Xaneiro |
Unidade federativa do Brasil. |
acepción 1 de «fluminense» |
|
A Rioxa |
Comunidade autónoma. |
acepción 1 de «rioxano, rioxana» |
|
O Roselló |
Rexión francesa. |
acepción 1 de «rosellonés, rosellonesa» |
|
O Salvador |
País de América central. |
acepción 1 de «salvadoreño, salvadoreña» |
|
O Senegali |
País de África occidental. |
acepción 1 de «senegalés, senegalesa» |
|
O Tíbet |
Rexión de Asia, ao norte do Himalaia. |
acepción 1 de «tibetano, tibetana» |
|
O Tirol |
Rexión histórica de Europa central. |
acepción 1 de «tirolés, tirolesa» |
|
O Turán |
Antiga rexión de Asia. |
acepción 1 de «turánico, turánica» |
|
A Umbría |
Rexión de Italia central. |
acepción 1 de «umbro, umbra» |
|
O Uruguai |
País de América do Sur. |
acepción 1 de «uruguaio, uruguaia» |
|
O Val de Aosta |
Rexión de Italia. |
acepción 1 de «valdostano, valdostana» |
|
O Xapón |
País do Extremo Oriente. |
acepción 1 de «xaponés, xaponesa» |
i Non obstante, na acepción 1 de «franco», nin O Chad nin O Senegal figuran con artigo.
ii Non obstante, gráfase «o Vaticano», co artigo en minúscula, nas entradas «lira» e «secretario, secretaria».
iii Non obstante, na acepción 1 de «suriemení», Iemen do Sur non se antecede de artigo.
* * *
Dígase que non levan artigo, entre outros territorios, Alemaña, Arabia Saudita, Cabo Verde, Cataluña, Corea, Costa do Marfil, Costa Rica, Ecuador, Filipinas, Francia, Gascuña, Gran Bretaña, Grecia, Groenlandia, Guinea Ecuatorial, Hindustán, Indochina, Irán, Iraq, Kirguizistán, Marrocos, Normandía, Nova Caledonia, Nova Zelandia, Panamá, Paquistán, Paraguai, Prusia, Ribatexo, Romanía, Suíza, Terra de Fogo, Terra Nova, Timor, Toscana, Turkmenistán, Ucraína, Uzbekistán, Véneto, Vietnam ou Zelandia.
* * *
A presente listaxe foi elaborada polo Departamento de Galego da Escola Oficial de Idiomas da Coruña.










