• A miña conta
  • 0Carrito de Compra
Editorial Hugin e Munin
  • Inicio
  • Catálogo
  • A editorial
  • Subscrición
  • Blog
  • Novas
  • Contacto
  • Menú Menú

Novelas de Jackie Kay e Ada Negri, novidades de outono

3 Outubro, 2023/en Blog

Nas vindeiras horas enviaremos as dúas novidades deste cuarto e último trimeste de 2024 aos domicilios das persoas subscritoras, e en cuestión de apenas un par de días estarán así mesmo dispoñibles nas canles comerciais habituais. Nesta ocasión, incorporamos ao catálogo senllas obras escritas orixinalmente en inglés e italiano.

Por unha banda, Trompeta, obra narrativa de referencia da escocesa Jackie Kay publicada en Escocia en 1998 e que agora se ofrece en lingua galega na tradución de María Reimóndez. Inspirada -só en parte- na vida do músico estadounidense Billy Tipton, consideramos que se trata dunha novela moi ben estruturada, cunha prosa asemade esixente e exuberante e unha multiplicidade de voces e perspectivas francamente lograda, razóns polas cales semella que acadou no seu momento o prestixioso Premio de Narrativa auspiciado por The Guardian.

Por outra banda, Luceiro da mañá, unha peza breve que, publicada en 1921, deseguida contou co aplauso de crítica e público, talvez por recoñecer nela a fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora, a lombarda Ada Negri, e pola súa aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica. Con aparente sinxeleza, mediante frases que semellan anotacións e sen artificios retóricos, plásmanse feitos cotiáns a miúdo recoñecibles polos máis dos lectores. A tradución, coma case todas as demais feitas dende o italiano (esta é xa a décima), correu a cargo de Isabel Soto.

Ofrecemos, polo tanto, dúas obras de referencia de dúas autoras de innegable prestixio. No caso de Negri, cabe lembrar que en 1926 e 1927 fora candidata ao Premio Nobel de Literatura. No caso de Kay, salienta, por exemplo, a súa designación como makar, un título creado en 2004 equiparable ao de poeta nacional, e que lle correspondeu entre os anos 2016 e 2021.

Boas lecturas!

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Share on X
  • Share on WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo
https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2023/10/imaxe-kay-e-negri.jpg 750 1046 Editorial Hugin e Munin https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/03/23logo-hem2-1.png Editorial Hugin e Munin2023-10-03 11:53:562023-10-03 12:04:38Novelas de Jackie Kay e Ada Negri, novidades de outono
Tamén che pode interesar
Novidades de abril: novelas de Jane Austen e Alfred de Musset
Balance do ano editorial 2020
Novelas de Schwaiger e Chelli, novidades estivais
Novidades: obras de Victoria Benedictsson e Pavlos Nirvanas
Amalie Skram e Louise Colet, novidades xenuínas
Balance do ano editorial 2022
Reimpresión da Eva futura de Villiers
Verán 2025, novidades

Últimas entradas

  • Discurso de Rafa Vilar no acto de entrega do V Premio Realia de Tradución10 Outubro, 2025 - 1:30 p.m.
  • Outono 2025, novelas de Weiß e Oller24 Setembro, 2025 - 2:05 p.m.
  • Isabel Soto acada o XXIII Premio de Tradución Plácido Castro16 Setembro, 2025 - 5:38 p.m.
  • Verán 2025, novidades4 Xullo, 2025 - 2:25 p.m.
  • Apuntamentos sobre a novela A honrada estafadora3 Xuño, 2025 - 10:04 a.m.

Síguenos no Facebook

Novidades editoriais

  • O aristócrata Boëtius von Orlamünde €16,50
  • A tolemia €15,00
  • Corazón de can €16,00
  • O caldeiro de ouro €15,00
  • A honrada estafadora €15,00

© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia

A cuarta experiencia do Premio Realia. Algúns erros recorrentes que conviría...Os tardeiros: o título, os nomes dos personaxes e as novelas afíns
Desplazarse hacia arriba