Actividades no Culturgal 2026
Dentro da programación do Culturgal deste 2026, velaí o par de actividades nas que directa ou indirectamente participan os reponsables da Editorial Hugin e Munin:
- Venres 27 ás 19 horas: coloquio entre tradutores literarios sobre a relación destes cos autores traducidos. Coa presenza de Xesús Fraga, Inma Pérez Casal e Alejandro Tobar; modera Adrián Estévez.
- Sábado 28 de novembro ás 19 horas: adaptación sonora da novela Kallocaína, de Karin Boye (traducida do sueco por Marta Dahlgren), cunha duración de 45 minutos. Nas voces de Melania Cruz, Fran Godón, Iria Sobrado, Machi Salgado e Manuel Arca. Presentación editorial a cargo de Isabel Soto.
Vémonos a fin de semana do 27 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.










