• A miña conta
  • 0Carrito de Compra
Editorial Hugin e Munin
  • Inicio
  • Catálogo
  • A editorial
  • Subscrición
  • Blog
  • Contacto
  • Menú Menú

Morrerei outro día: a II República española na literatura francesa

19 Outubro, 2020/en Blog /por Editorial Hugin e Munin

O pasado sábado 17 de outubro tivo lugar o coloquio entre os tradutores Xabier Ron e Isabel Soto e a autora de expresión francesa Isabelle Alonso. Foi un acto entretido e interesante, mesmo sobresaínte, no cal xurdiron conmovedoras anécdotas a eito.

Baixo o título «A II República española na literatura francesa contemporánea; o caso da novela Morrerei outro día», os tres relatores falaron do contexto no que se desenvolve a historia: os anos da II República española e o golpe de Estado que deu comezo á guerra. A conversa trenzouse a partir de moitos dos acontecementos descritos pola escritora francesa Isabelle Alonso na novela, construída a partir das vivencias do seu pai, Vicente Alonso Duch, álter ego do protagonista, Ángel Alcalá Llach. Así mesmo, a autora relatou como decorreu a vida dos republicanos que fuxiron a Francia a partir da experiencia da súa familia.

Na conversa xurdiron múltiples anécdotas recollidas na novela, como a presenza da aurora boreal que a comezos de 1938 foi posible contemplar en Barcelona, un feito real do que a autora nun principio dubidou atribuíndoo a unha fantasía do pai; ademais, incidiuse no trato dispensado nas comisarías franquistas madrileñas en función da procedencia social do interrogado (por exemplo, tras os arrestos, a saña adoito non era a mesma para un veciño de Carabanchel ca para un de Argüelles); na existencia dos campos de concentración franceses e na acollida desta parte da historia en Francia; no simbolismo para os republicanos da tumba en Colliure de Antonio Machado, a carón da cal existe unha caixa do correo á que seguen a chegar cartas cargadas de lembranzas; nos expolios patrimoniais dos exiliados; ou na modernidade da Constitución republicana de 1931 en cuestións como o voto feminino. Así mesmo, a charla integrou o relato vivencial ateigado de detalles dunha familia de fondas conviccións, tal e como se recolle na novela.

Morrerei outro día conxuga o plano histórico, o memorialista e o ficticio, dando lugar a un relato honesto e rigoroso, cargado de matices e de críticas, e aderezado ademais con toques de humor. Deste xeito, non se trata dunha crónica fría senón dunha ficción cun esqueleto histórico que se apoia na vida cotiá e en emocións como as esperanzas, as ansias de liberdade e o compromiso que espertou a República, e tamén a frustración, a ira, a derrota e a fonda dor ao ver traizoadas tantas expectativas. O resultado é unha novela conmovedora.

Por todo isto e moito máis, animamos a clubs de lectura e institutos a consideraren esta obra como eventual lectura e peza de debate, pois nela abrollan temas diversos que permiten coñecer a historia e asemade gozar da boa literatura.

 

Etiquetas: abanca, morrerei outro día, selic 2020, youtube
Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Share on WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo
https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/10/selic2020-morrerei.png 331 863 Editorial Hugin e Munin https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/03/23logo-hem2-1.png Editorial Hugin e Munin2020-10-19 12:09:332020-10-19 20:13:57Morrerei outro día: a II República española na literatura francesa
Tamén che pode interesar
Hugin e Munin na SELIC 2020

Últimas entradas

  • Recompilación das cubertas dunha decena de títulos21 Xaneiro, 2021 - 9:43 p.m.
  • Balance do ano editorial 202031 Decembro, 2020 - 10:09 a.m.
  • Relación de premios á tradución galega9 Decembro, 2020 - 5:48 p.m.
  • Reimpresión da Eva futura de Villiers5 Decembro, 2020 - 9:05 p.m.
  • Serbocroata, croataserbio, serbio ou croata e croata ou serbio18 Novembro, 2020 - 1:43 p.m.

Síguenos no Facebook

Novidades editoriais

  • O lector €15,00
  • A nosa Negra €14,00
  • Noventa anos despois €7,00
  • A vida na fundición €12,00
  • A escritora €8,00

© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia

Hugin e Munin na SELIC 2020 Micromegas, a primeira das reimpresións do outono
Desplazarse hacia arriba