• A miña conta
  • 0Carrito de Compra
Editorial Hugin e Munin
  • Inicio
  • Catálogo
  • A editorial
  • Subscrición
  • Blog
  • Contacto
  • Menú Menú

Novidades do 2º trimestre de 2020

30 Marzo, 2020/en Noticias

A circunstancia excepcional de confinamento na que nos atopamos impide que lles enviemos as dúas novidades do trimestre aos nosos subscritores e subscritoras, destinatarios prioritarios sempre. De igual modo, imposibilita calquera outro envío a librarías ou particulares.

Coma decote, fómonos cinguindo aos prazos habituais, e de feito os novos libros foron para a imprenta cando aínda non se paralizara a actividade, de modo que os exemplares están xa impresos e metidos en caixas (dende o pasado xoves 26), pero varados nun recanto da imprenta.

O que si fixemos xa foi inserir as respectivas fichas na nosa web. Nesta ocasión traemos unha novela contemporánea da autora francesa Isabelle Alonso, Morrerei outro día, sobre a guerra civil española. Os seus tradutores ao galego foron Xabier Ron e Isabel Soto. Por outra banda, un clásico das letras gregas de comezos do século XX, A honra e os cartos, de Konstatinos Theotokis, de cuxa tradución ao galego se ocupou Alfonso Blanco.

Tan pronto como sexa posible realizar o envío das novidades (e calquera outro), farémolo. Mentres tanto, moitas grazas pola comprensión e ánimo a todos, lectores e lectoras.

 

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Share on WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo
https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/03/theotokis-e-alonso-e1585565997973.png 333 1200 Editorial Hugin e Munin https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/03/23logo-hem2-1.png Editorial Hugin e Munin2020-03-30 12:51:102020-03-30 13:00:08Novidades do 2º trimestre de 2020

Últimas entradas

  • Brookner a través da mirada de Cheryl Alexander Malcolm25 Xaneiro, 2023 - 1:55 p.m.
  • Os tardeiros de Brookner. Longa nota do tradutor11 Xaneiro, 2023 - 1:17 p.m.
  • Balance do ano editorial 202230 Decembro, 2022 - 11:56 a.m.
  • Voces cruzadas9 Outubro, 2022 - 5:47 p.m.
  • Gaskell e Stifter, grandes plumas do século XIX4 Outubro, 2022 - 4:33 p.m.

Síguenos no Facebook

Novidades editoriais

  • O neno perdido €14,00
  • Os tardeiros €15,00
  • O solteirón €15,00
  • A curmá Phillis €15,00
  • O castelo Rackrent €13,50

© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia

Oito consultas ao Seminario de Lexicografía (I)Oito consultas ao Seminario de Lexicografía (II)
Desplazarse hacia arriba