© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia
Fume
Ver o libroTanto pola súa calidade coma pola sutil diagnose dunha sociedade en crise (velaí o choque cultural e político entre a Rusia tradicional e as influencias provenientes de Europa), esta novela, a penúltima de Turguénev, segue a considerarse un fito da literatura universal.
Asasinatos, S. L.
Ver o libroEsta novela de Jack London, amais de atrapar pola súa tensión narrativa, convida á reflexión dende unha perspectiva filosófica, pois afonda na contradición entre os ideais e a realidade e explora o delicado tema da xustificación da violencia en nome dunha suposta xustiza.
Monsieur Maurice
Ver o libroNovela da prolífica Amelia B. Edwards ambientada na Prusia posnapoleónica onde a particular relación entre unha cativa, Gretchen, e monsieur Maurice, un enigmático prisioneiro, destapa unha intriga marcada polo suspense e algún que outro elemento sobrenatural.
O mono Xouth
Ver o libroNovela pioneira da literatura fantástica escrita en grego moderno. Céntrase nas peripecias de Xouth, un enigmático escritor e viaxeiro alemán que acabou metamorfoseado nun orangután e posto ao servizo dun home grego europeizado que finxe pertencer a unha nobre estirpe.
Como chega o sal ao mar
Ver o libroÉxito editorial da austríaca Brigitte Schwaiger que, tras publicarse en 1977, vendeu case medio millón de exemplares no conxunto de territorios xermanófonos e se erixiu nunha das dez novelas en lingua alemá con mellor acollida internacional no século XX. Conta a historia dunha muller nova a quen a monotonía da existencia cotiá a canda o seu controlador marido fai que caia na desesperanza.
A herdanza Ferramonti
Ver o libroEsta novela, a máis lograda de Gaetano Carlo Chelli, percorre as vidas dos Ferramonti e as artimañas dos membros máis novos para conseguir a herdanza do patriarca. De estética verista, retrata os esforzos de pequenos empresarios e burócratas por se enriquecer e lograr o ascenso social.
Lady Susan
Ver o libroNovela epistolar de Jane Austen que subverte os códigos da novela romántica cunha protagonista manipuladora e capaz de subxugar a quen se lle poña por diante para acadar un status vantaxoso.
Margot
Ver o libroNovela breve de Alfred de Musset que, alén das reflexións de carácter filosófico, incide na inocencia do primeiro amor a través da súa protagonista, Margot, quen se desenvolve nunha Francia caracterizada polas continuas e frustrantes diferenzas sociais.
A traizón
Ver o libroNovela de Amalie Skram tan estupenda como desacougante que xira arredor dunha guerra conxugal entre o experimentado capitán Adolph Riber e Aurora Ingstad, unha moza de dezasete anos. Un clásico do rupturismo moderno escandinavo.
El
Ver o libroNovela de 1859 escrita por Louis Colet que mestura unha trama romántica co desexo de arranxar contas persoais. Constitúe unha mostra anticipada da literatura do eu a posta en práctica do criterio da sinceridade na arte defenfido pola autora.
Trompeta
Ver o libroInspirada parcialmente na vida do músico estadounidense Billy Tipton, esta novela de exuberante prosa reportoulle á escocesa Jackie Kay o prestixioso Premio de Narrativa auspiciado por The Guardian a finais da década de 1990.
Luceiro da mañá
Ver o libroPublicada en 1921, esta novela de Ada Negri contou co aplauso de crítica e público, talvez pola aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica, e pola fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora.
As gratitudes
Ver o libroEmotivo e conmovedor relato ao redor da vellez, a dependencia ou a empatía, no que a palabra se erixe como un elemento crucial. De Vigan conta a historia dunha anciá, Michka, que sofre a paulatina perda da facultade de se comunicar.
As irmás Bunner
Ver o libroNa Nova York de finais do século XIX, as irmás Bunner rexentan un humilde comercio que apenas lles dá para ir tirando. O seu pequeno mundo cambaleará unha vez que apareza nas súas vidas a figura dun reloxeiro de orixe berlinesa, o señor Herman Ramy. Unha obra de Edith Wharton.
Os tardeiros
Ver o libroNovela de Anita Brookner que, partindo do máis de medio século de amizade entre os protagonistas, Hartmann e Fibich, fala das complicacións da idade adulta, decote indisociables da nenez.
O neno perdido
Ver o libroConmovedora novela curta de Thomas Wolfe que, cun uso maxistral do punto de vista e un requintado alento lírico, busca recompoñer a personalidade de Grover Wolfe, o neno perdido.
A educación sentimental
Ver o libroClásico de Gustave Flaubert de inmensa influencia, tanto polas súas escenas memorables coma polas innovacións. O fío condutor é un mozo de provincias que se traslada a París e verá fracasadas todas as súas expectativas e ilusións. A súa historia de amor cunha muller casada bastantes anos maior ca el, inspirada en feitos autobiográficos, é o motor da trama.
Suxestións e novidades
Hugin e Munin trae libros que deberían estar en galego.
Belén RegueiraDiario Cultural
Valente aposta pola narrativa internacional e de calidade en lingua galega.
Fran P. LorenzoEl Correo Gallego
Hugin e Munin sempre nos sorprende con clásicos rescatados e con outros títulos contemporáneos que abren debates de actualidade.
Tensi XesteiraNós Diario
Temos a todas as autoras traducidas ao galego por Hugin e Munin e sabemos que cada libro que nos chega ten garantía de calidade.
Patricia PortoLibraría Lila de Lilith
Cómpre agradecer as escasas iniciativas que sacan a testa por riba das dificultades e, como amante da literatura universal, entre as miñas preferidas están os libros de Hugin e Munin.
Javier NogueiraEl Progreso
Da man de Hugin e Munin podemos mergullarnos en obras singulares e tamén pouco coñecidas.
Montse Pena PresasFaro de Vigo
Hugin e Munin fai unha aposta decidida por ofrecer títulos da literatura estranxeira que gocen de calidade contrastada, traducidos con profesionalidade.
Ramón NicolásLa Voz de Galicia
Voltaire tardou máis de dous séculos en respirar pola nosa fala, e fíxoo grazas aos impecables oficios da tradutora Marie Abraira e da editorial Hugin e Munin.
Armando RequeixoCriticalia
Unha das editoriais que están no noso pequeno altar das edicións fermosas.
Raquel C. PicosDisquecool
Hugin e Munin combina no seu catálogo diferentes liñas editoriais. O selo intenta captar lectores con diferentes intereses.
César Lorenzo GilBiosbardia
A existencia de Hugin e Munin axúdanos a entender o importante presente da tradución literaria na nosa lingua.
Sara AlfaroO Salto Diario - Galiza
Hugin e Munin constrúe un catálogo traducido de excelencia.
Manuel BragadoBrétemas