Listado de la etiqueta: personaxes femininas

As personaxes femininas en A peste: o silencio e a distancia

Acaba de publicarse o número 21 da revista Viceversa, e vén cargado de artigos interesantes e ben fiados sobre temas e obras diversos: contén, por exemplo, unha rigorosa análise sobre a dobraxe ao galego, tamén sobre a obra traducida ao inglés de Manuel Rivas e Domingo Villar, sobre os últimos 20 anos de tradución literaria ao bretón ou sobre a relación entre feminismo e tradución… Así mesmo, inclúe coma decote un bo feixe de traballos relativos a obras concretas.

Nese sentido, son tres as novelas publicadas por nós que contan cunha entrada de seu neste número. Unha, sobre a que escribe Iago Nicolás Ballesteros no apartado reservado ás recensións, é Colleita vermella; das outras dúas, presentadas na epígrafe «Traducións xustificadas», son os propios tradutores quen achegan pistas e claves acerca dos seus traballos: Antía Veres en «Unha muller perdida; a entrada de Willa Cather no panorama editorial galego» e Isabel Soto e Xavier Senín en «A tradución de A peste: un clásico que nos interpela máis ca nunca».

En vindeiras entradas deste blog deterémonos nas outras dúas obras mencionadas, pero nesta ocasión gustaríanos reproducir polo seu interesante un aspecto moi concreto dunha das grandes obras de Camus que comentan e exemplifican por extenso os seus tradutores ao galego no punto 5 do seu artigo, que intitularon «As personaxes femininas en A peste: o silencio e a distancia».