Descripción
Mel de abellón traslada o lector a Västerbotten, no norte de Suecia, onde os irmáns Hadar e Olof viven en senllos fogares, conscientes ambos os dous de que han morrer dun momento a outro. Sucede entón que Hadar artella un plan para aliviar a súa soidade. A outra protagonista do relato, unha muller, queda atrapada pola neve e pasará un tempo cas del. Alén de pasaxes de corte naturalista e doutras que rozan o traxicómico e o macabro, a obra alterna a parodia do discurso relixioso cun relato centrado no transo que vai da enfermidade á morte.
A súa estrutura fragmentaria, repetitiva e en ocasións complexa, constitúe un acaído reflexo do illamento, da monotonía e da última etapa nas vidas destes personaxes. Mel de abellón é unha obra fundamental do seu autor, Torgny Lindgren, a cal en 1995 lle reportaría o prestixioso premio August, un galardón que dende 1989 outorga cada ano a Asociación de Editores de Suecia.