• A miña conta
  • 0Carrito de Compra
Editorial Hugin e Munin
  • Inicio
  • Catálogo
  • A editorial
  • Subscrición
  • Blog
  • Novas
  • Contacto
  • Menú Menú

Micromegas, a primeira das reimpresións do outono

28 Outubro, 2020/en Noticias

O pasado agosto informabamos de 3 novas impresións. Dende aquela, dado que o stock de até unha ducia de títulos andaba bastante baixo, principiamos a revisión dalgúns textos co propósito de reimprimilos.

Dende hoxe temos connosco máis exemplares de Micromegas, de Voltaire, un curioso opúsculo precursor da ciencia ficción que traducira Marie Abraira. Fora, por certo, o libro co que iniciaramos a colección “Vólvense os paxaros contra as escopetas” aló polo mes de abril de 2014.

Valla lembrar un extracto do paratexto da contracuberta para pór en contexto a obra:

Comezando polo título, o autor analiza o relativismo das proporcións e deita a idea de que cada ser do universo non é máis ca unha tensión entre o pequeno e o grande. Así, Micromegas é un sabio de espírito crítico movido por unha insaciable curiosidade e pola ambición de comprender de maneira xusta e lúcida a vida. Voltaire agóchase tras o seu personaxe para ciscar as súas críticas contra a relixión e os sistemas social, moral e filosófico, sen esquecer o aspecto científico propio dos enciclopedistas.

Ao noso entender, a breve extensión desta obra e o seu cariz lúdico fan que sexa un excelente punto de partida para se achegar á obra do xenial Voltaire, de quen en galego están dispoñibles así mesmo estoutros títulos:

  • Cándido ou o optimismo (Edicións Xerais de Galicia, 1999; trad. Henrique Harguindey)
  • Tratado de metafísica (USC, 2002)
  • Exame importante de lord Bolingbroke ou a Tumba do fanatismo (Edicións Laiovento, 2005; trad. Alberte Allegue Leira)
  • O mundo conforme el vai e O touro albo (BIVIR; trad. Paulo R. Ballesteros)
  • Os dous consolados (Danú, 2009)

Boas lecturas.

Compartir esta entrada
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en X
  • Share on X
  • Share on WhatsApp
  • Compartir en LinkedIn
  • Compartir por correo
https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/10/volt-micr.png 514 907 Editorial Hugin e Munin https://huginemunin.gal/wp-content/uploads/2020/03/23logo-hem2-1.png Editorial Hugin e Munin2020-10-28 14:17:352020-10-28 19:25:02Micromegas, a primeira das reimpresións do outono

Últimas entradas

  • Apuntamentos sobre a novela A honrada estafadora3 Xuño, 2025 - 10:04 a.m.
  • En abril, novelas de Tove Jansson e Nathanael West7 Abril, 2025 - 5:52 p.m.
  • Bases da V edición do Premio Realia13 Marzo, 2025 - 3:33 p.m.
  • Dúas incorporacións: Iván Turguénev e Jack London4 Xaneiro, 2025 - 5:31 p.m.
  • Balance do ano editorial 202429 Decembro, 2024 - 9:57 a.m.

Síguenos no Facebook

Novidades editoriais

  • A honrada estafadora €15,00
  • A señorita Corazóns Solitarios €15,00
  • Asasinatos, S. L. €16,00
  • Fume €16,50
  • O mono Xouth €15,00

© Copyright – Editorial Hugin e Munin | Aviso Legal – Política de Privacidade – Envíos, devolucións e desistencia

Morrerei outro día: a II República española na literatura francesaA contrafío, do aglaio da xeración Nós á tradución de Isabel Soto
Desplazarse hacia arriba