Listado de la etiqueta: insignia vermella

As catro pezas en galego de Stephen Crane

Coa publicación de O monstro, na tradución de Iago Nicolás Ballesteros, o corpus galego de literatura traducida acada unha representación máis que digna da produción narrativa de Stephen Crane.

Paul Auster, nada menos, cualificou esta obriña en concreto como “exquisita e audazmente concibida, a máis poderosa e complexa das súas novelas curtas”, mentres que do seu autor afirmou que “foi o Mozart da literatura”. Sexa como for, O monstro, obra que naturalmente incorporamos á colección principal, encomeza con innegable forza:

No seu momento, Laura Sáez traducira as novelas Maggie, unha muller da vida e A insignia vermella do valor, accesibles ambas as dúas en PDF no catálogo da Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego. Antes ca iso, o relato “Unha ilusión vermella e branca”, de cuxa tradución se ocupou Carmen Villar, formara parte da compilación intitulada O relato policial. De Poe a Conan Doyle, que Ir Indo publicou aló polo ano 1997.

De momento, son só catro as obras narrativas que de Stephen Crane é posible ler en lingua galega, pero todas dun valor enorme. Oxalá pronto máis editoriais especializadas aborden a tarefa de seguir traendo as alfaias legadas por tan singular e esixente artista.