Listado de la etiqueta: 100 títulos

Anatomía da colección principal

Este mes abril de 2024, coa publicación de Lady Susan, novela epistolar da británica Jane Austen, a nosa colección principal acadou o centenar de obras. Velaí algunhas cifras, unhas veces con carácter anecdótico e outras revelador, na medida na que dan unha idea aproximada do traballo desenvolvido dende finais de 2011 para esta colección en concreto, o noso buque insignia.

Novelas ou novelas curtas · 100

a primeira publicada · Servizo de Correos (en decembro de 2011)

a última publicada · Lady Susan (en abril de 2024)

a máis curta

a máis longa · A educación sentimental (en caracteres, 871 702, e páxinas, 540; tamén a máis cara, con 21 €)

prezo medio dun libro · 14,40 €

obras que requiriron compra de dereitos · 29
obras no dominio público · 71

o orixinal máis antigo · Un mundo distinto e igual (do ano 1605)
o orixinal máis recente · A casa do pai e As gratitudes (do ano 2019)

obras con subvencións públicas á tradución · 15

  • concedidas pola Xunta de Galicia · 13
  • pola Asociación de Tradutores Galegos · 1
  • por organismos estranxeiros · 1
  • sen subvención ningunha · 85

obras con subvencións á edición · 0

Profesionais da tradución · 34

  • os tradutores · 19
  • as tradutoras · 15
  • (+ 11 revisores)

Autoría · 100

  • escritores · 64
  • escritoras · 36

por continente

  • Europa · 82
  • América · 15
  • África · 2
  • Asia · 1

premios Nobel · 5

Notas ao pé · 2986

Páxinas traducidas · 19 554

Linguas de partida · 18

  • o idioma máis traducido · inglés (con 34 obras)

orixinais co sistema latino de escritura · 89
orixinais co sistema grego de escritura · 7
orixinais co sistema cirílico de escritura · 3
orixinais co sistema xaponés de escritura · 1

Traducións premiadas · 8

  • Plácido Castro · 4
  • Follas Novas · 2
  • Premio Realia · 2 (coxestionado co Concello de Santiago)