Descripción
A presente obra, publicada orixinalmente en éuscaro en 2015, entronca coa chamada literatura de montaña, difuso subxénero que linda e comparte elementos coa literatura de viaxes e tamén coa de exploración. Cabe sinalalo na medida na que no mercado editorial galego apenas existen mostras deste clase de textos. Para a conformación de eSPedición. O poder dunha montaña, Juanra Madariaga, autor vasco de gran prestixio no ámbito da poesía, optou por conxugar crónica e lirismo.
A narración en primeira persoa parte dunha travesía cara ao cumio do Shisha Pangma, o SP, a montaña de 8.027 metros de altura no cordal Himalaia; consonte avanza o texto, o protagonista explica a orixe da súa paixón, relata as duras condicións que deben enfrontar os aventureiros e achega multitude de referencias literarias que acompañaron ao longo da historia do montañismo a aqueles que, coma el, algunha vez ousaron coroar as cristas máis altas do planeta.