Descripción
Unha desolación (1999), a segunda obra narrativa de Yasmina Reza, contén algúns dos temas recorrentes da autora, como a figura do pai ou a presentación de problemas complexos que convidan á reflexión. Samuel, un xudeu xubilado, misóxino, afeccionado á xardinaxe e melómano, sente o peso da velleira ao tempo que goza da liberdade de expresarse sen finximento. O seu parlamento ten como destinatario fundamental o fillo ausente. Mais a súa mirada póusase tamén en Nancy, a súa segunda muller, na súa refinada filla, no seu neto e mesmo no pobo xudeu.
En consonancia coa estrutura discursiva do relato, a autora opta por unha linguaxe directa, por romper a sintaxe e por puntuar de maneira singular. Así, o monólogo insire múltiples variantes que proveñen de voces alleas: a de Marisa Bottona, a amante da mocidade; a do veciño Léo, unha sorte de filósofo contemplativo; ou a alegre de Geneviève, a vella amiga reencontrada…
Do mesmo xeito, a súa disposición fragmentaria e reiterativa vén apuntalada pola presenza de motivos recorrentes, introducidos case ao xeito de ladaíñas. Velaí pois o combate verbal e introspectivo que emprende Samuel, un home excéntrico e melancólico, de a cabalo entre o bufón misántropo e o heroe existencial.
DESCATALOGADO