Anatomía da colección principal
Este mes abril de 2024, coa publicación de Lady Susan, novela epistolar da británica Jane Austen, a nosa colección principal acadou o centenar de obras. Velaí algunhas cifras, unhas veces con carácter anecdótico e outras revelador, na medida na que dan unha idea aproximada do traballo desenvolvido dende finais de 2011 para esta colección en concreto, o noso buque insignia.
Novelas ou novelas curtas · 100
a primeira publicada · Servizo de Correos (en decembro de 2011)
a última publicada · Lady Susan (en abril de 2024)
a máis curta
- O párroco de Vejlby (con 68 806 caracteres; tamén a máis barata, 11 €)
- Mocidade (en páxinas, con 66)
a máis longa · A educación sentimental (en caracteres, 871 702, e páxinas, 540; tamén a máis cara, con 21 €)
prezo medio dun libro · 14,40 €
obras que requiriron compra de dereitos · 29
obras no dominio público · 71
o orixinal máis antigo · Un mundo distinto e igual (do ano 1605)
o orixinal máis recente · A casa do pai e As gratitudes (do ano 2019)
obras con subvencións públicas á tradución · 15
- concedidas pola Xunta de Galicia · 13
- pola Asociación de Tradutores Galegos · 1
- por organismos estranxeiros · 1
- sen subvención ningunha · 85
obras con subvencións á edición · 0
Profesionais da tradución · 34
- os tradutores · 19
- as tradutoras · 15
- (+ 11 revisores)
Autoría · 100
- escritores · 64
- escritoras · 36
por continente
- Europa · 82
- América · 15
- África · 2
- Asia · 1
premios Nobel · 5
Notas ao pé · 2986
- a obra máis anotada · Un mundo distinto e igual (con 395)
Páxinas traducidas · 19 554
Linguas de partida · 18
- o idioma máis traducido · inglés (con 34 obras)
orixinais co sistema latino de escritura · 89
orixinais co sistema grego de escritura · 7
orixinais co sistema cirílico de escritura · 3
orixinais co sistema xaponés de escritura · 1
Traducións premiadas · 8
- Plácido Castro · 4
- Follas Novas · 2
- Premio Realia · 2 (coxestionado co Concello de Santiago)