Propostas de lectura para o Día do Libro 2020
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación publicaba este chío hai unhas horas.
Para celebrarmos o Día Internacional do Libro, animámosvos a compartirdes fotos de libros traducidos ao galego e traducións de obras galegas. Non esquezades mencionar o nome do tradutor ou tradutora e o cancelo #NaCasaCoaTradutora
— AGPTI (@agpti) Abril 23, 2020
De modo que aí queda a nosa contribución con propostas de lectura neste descafeinado Día do Libro:
- A ansia de coello. Ramona Bădescu (Tambre, 2017; trad. Isabel Soto; ilustr. Delphine Duran)
- As aventuras de Tintín: A illa negra, Hergé (Ed. Juventud, 1984; trad. Valentín Arias)
- Era dúas veces o barón Lamberto, Gianni Rodari (Kalandraka, 2020; trad. Isabel Soto; ilustr. Javier Zabala)
- Onde viven os monstros, Maurice Sendak (Kalandraka, 2000; trad. Xosé Manuel González)
- A Illa do Tesouro, Robert Louis Stevenson (Xerais, 2003; trad. Xavier Alcalá; ilustr. Federico Fdez. Alonso)
- O proceso, Franz Kafa (Sotelo Blanco,2003; trad. Luís Fernández Rodríguez)
- O retorno, Bernhard Schlink (Galaxia, 2007; trad. Patricia Buxán)
- Morrerei outro día, Isabelle Alonso (Hugin e Munin, 2020; trad. Xabier Ron e Isabel Soto)
- A traba, Mary Cholmondeley (Hugin e Munin, 2017; trad. Matthias Louwen e Sabela Tobar)
- Novela de xadrez, Stefan Zweig (Irmás Cartoné, 2018; trad. Patricia Buxán e Saleta Fernández)
- De libros e viaxes. Dous contos franceses, Gustave Flaubert [“Bibliomanía”] e Guy de Maupassant [“De viaxe”] (Novelúa, 2019; ed. non venal; trad. Xavier Senín)
Boas lecturas e moitos azos.