Subscrición

Sexa cal for o tipo de subscrición contratada, o procedemento de envío non varía: a persoa subscritora recibirá no enderezo facilitado un paquete con dúas novas obras cada trimestre, o cal supón, ao longo do ano editorial, un total de 8 obras distintas.

Así mesmo, cabe salientar que calquera dos libros da nosa colección paralela «Vólvense os paxaros contra as escopetas» terá para a persoa subscritora un prezo único de 6 euros. Para adquirilos, o socio tan só debe escribirnos un correo electrónico sinalando o seu carácter de subscritor e o título que desexa que lle sirvamos —con carácter inmediato ou dentro do seguinte paquete de libros do trimestre.

Tamén, por outra banda, destacar que os títulos anteriores ao momento de formalización da subscrición poden ser adquiridos polo socio a prezo reducido (o proporcional ao seu tipo de subscrición) no canto do prezo de mercado, que é o xeral para as compras soltas.

Compra de obras soltas

Para a adquisición de obras soltas á marxe do sistema de subscrición é posible empregar a plataforma de comercio electrónico habilitada neste sitio web, onde rexe unha tarifa plana de 1.50 euros en concepto de gastos de envío (con independencia de que se merquen 1 ou 20 exemplares).

Así mesmo, puxemos á venda os nosos produtos nunha trintena de librarías galegas de distintas cidades e vilas galegas. En paralelo, servimos a calquera outra libraría ou distribuidora que nos requira puntualmente algún exemplar dos nosos títulos.

INFORMACIÓN RELEVANTE PARA AS LIBRARÍAS

A non ser que exista outro acordo entre as partes, a forma de adquisición de exemplares (de calquera dos títulos do catálogo) por parte do libreiro ou libreira será só mediante a compra en firme.

Os envíos realizaranse coa maior dilixencia. No caso de ser 1 ou 2 exemplares, a través de Correos, mediante o seu servizo PostLibris/MáisCerca. Se fose de 3 exemplares ou superior, a entrega sería a través de HalCourier 24 Horas.

Os gastos de envío correrán por conta da editorial.

O PVP de todos os títulos deberá ser o estipulado na páxina web de Hugin e Munin, sen posibilidade de modificación.

Para as consultas relacionadas coas porcentaxes e descontos, convidamos a remitir un correo ao noso enderezo de contacto.

Calendario de envíos

O noso calendario de envíos aos subscritores está delimitado con exactitude. Isto é que cada tres meses facemos entrega das dúas novas obras publicadas dentro da primeira semana dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro respectivamente.

Ao dar de alta unha subscrición, o novo subscritor recibirá como primeira entrega as dúas obras xa publicadas e correspondentes ao trimestre en curso. Este primeiro envío non se rexe polo calendario anterior senón que se fará o antes posible conforme ao estipulado nas condicións de envío e devolucións para obras soltas, é dicir, nun máximo de 9 días laborables.

Domiciliación bancaria e pagamento fragmentado

Se prefires fragmentar por trimestre o pagamento da túa subscrición, ofrecémosche a posibilidade de che domiciliarmos os cobros. Para isto precisamos que descargues e cubras cos teus datos este formulario autorizado. Unha vez cuberto, deberás mandárnolo asinado e adxuntar canda el unha fotocopia do teu documento de identidade. O noso enderezo de envío é este:

Editorial Hugin e Munin (subscricións)
Rúa do castro, 9, 3º andar, 15704
Santiago de Compostela (A Coruña), Galicia

Tan pronto como o recibamos, validarémolo, enviarémosche as dúas obras do trimestre en curso e cobrarémosche unicamente por este período. Os pagamentos seguintes rexiranse conforme ao calendario de envíos estipulado para o conxunto dos subscritores.

Hai dous aspectos a teres en conta con respecto á domiciliación da subscrición que difiren das condicións de compra electrónica:

1) A domiciliación ten carácter indefinido, é dicir, ao cabo do ano editorial volve ser renovado a non ser que nos digas o contrario.

2) Non é necesario que esgotes o ano no caso de que desexes rescindir o contrato. O teu compromiso de permanencia, a diferenza dos pagamentos únicos, é de unicamente dous trimestres. A partir de aí, podes cursar a baixa como subscritor en calquera momento e unicamente será necesario que abones o pagamento das dúas obras correspondentes ao trimestre en curso.